Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 10

Unha abella máxica no camiño

Teresa González Costa

Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol...

A memoria dos paxaros

Teresa González Costa

A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables...

A nena, o monstro e o mar

Teresa González Costa

Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí...

A noite das bicicletas

Teresa González Costa

Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre "Vancouver", a súa bicicleta azul e vermella...

Fred Quincalla, o nómade do mar

Teresa González Costa

Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza...

Os santos nunca dormen

Teresa González Costa

Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas...

Eu, pel

Teresa González Costa

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión...

A filla do ladrón de bicicletas

Teresa González Costa

Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo...

Autor/a da semana

Pingueiras e tarteiras

Teresa González Costa

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras...

Sempre quixen bailar un tango

Teresa González Costa

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar...